SINOPSE:
Carlota e Marieta revolven no faiado da súa casa á busca de cachifallos
que elas convertirán en novos obxectos transformados con moita imaxinación
e creatividade. Roupas, latas, regadeiras e outros trastos que se convirten
en seres fantásticos con historia propia, que mesturan o mundo real e
imaxinario. O público atopará no Tenderete da Cachifallada dous
contos, outras pequenas historias, tiruleques de poemas e ata a ¡pandeirada
da cachifallada!
Espectáculo Infantil recomendado para público de 3 a 10 anos.
Duración: 60 min.
2009 .................... Compañía de Teatro A Loca-Motora ..................... A Coruña - Vigo (Galicia - España)