SINOPSE:
Carlota e Marieta atopan unha caixa misteriosa na sua casa, cunha mensaxe moi
suxerente. Elas, curiosas por natureza, non poden deixar de abrir a caixa e
así comenzar unha marabillosa aventura: Dar a Volta ó Mundo en
80 días seguindo as instruccións da caixa. Inspirada na novela
de Xulio Verne, é unha grande aventura imaxinativa, na que o público
se unirá a Willy Fogg e Paspartú no seu percorrido e nos seus
encontros con xentes de todo o mundo: Africa, Exipto, Xapón, o Polo Norte,
Norteamérica e México. Toda unha mostra de diferentes culturas
que está reflexada nas aventuras e situacións cómicas que
viven.
Unha montaxe na que imaxinación e a fantasía mestúrase
co humor e a aventura,na que non falta a musicalidade, a xestualidade e a participación
do público.
O espectáculo está recomendado para público de 5 a 11 anos,
e ten unha duración aprox. de 65 min.
2009 Compañía de Teatro A Loca-Motora A Coruña - Vigo (Galicia - España)