Zezilia Meléndrez Fassbender (A Coruña 1972)

Espectáculos de Teatro Profesional
Ano 2007. Espectáculo "O Mago de Oz" da compañía Os Quinquilláns. Personaxe: "O Espantallo" e "Tía Emilia", estreada o 21 de outubro do 2007, na actualidade en cartel.
Ano 2007. Espectáculo "O Entremés do conde Alarcos" para O Camiño de Santiago, da compañía A Gavela (Lalín). Personaxe "a chamarileira" e "a condesa". Estrea 1 de xullo do 2007.
Ano 2007. Espectáculo "Carlota e Marieta dan a volta ao Planeta" da compañía A LocaMotora. En cartel na actualidade.
Ano 2005. Espectáculo "A Diáspora" da compañía Os Quinquilláns. Personaxe "a muller". Na actualidade en cartel.
Ano 2005. Espectáculo "Carlota e Marieta van en Avioneta" da compañía A Locamotora. Na actualidade en cartel.
Ano 2005. "O Bosque Animado" adaptación e dirección da montaxe realizada na fraga de Cecebre-Cambre en xuño do 2005 pola empresa Animatium.
Ano 2004. Espectáculo "Moby Dick" da compañía Os Quinquilláns. Personaxe: Ismael (máscara). Estrea no ano 2004.
Ano 2003. Espectáculo "As Abellas" da compañía Os Quinquilláns. Personaxe: abella química.
Ano 2003. Espectáculo infantil "A Locamotora" da compañía A Locamotora. Na actualidade en cartel.
Ano 2002. Espectáculo "O Circo das Máscaras" da compañía Os Quinquillans. Personaxes: clown, A siamesa, a Malvada Marité Otero, O Can Garibaldi, O Domador Leonesco (máscaras). Estrea no ano 2002, 3 anos en xira.

Audiovisual
Ano 2007. Curtametraxe "A Pequena Serea", dirixida por H. Rivadulla Corcón, Ficción Producciones.(pendente presentación)

Formación Artística.
Curso Intensivo de Interpretación, na Universidade de A Coruña. Imparte Manuel Lourenzo. Ano 1992.
Escola de Arte e Interpretación "Espacio Aberto" de Santiago de Compostela. Cursos 95 a 99: interpretación, traballo corporal, voz e creación artística. Dirixe Carlos Neira.
Escola Municipal de Música de A Coruña. Curso 2005-2006: Canto e linguaxe musical.
Escola de Teatro Santart. Curso intensivo de Maquillaxe Teatral (20 h). Xullo 2006. Imparte Paulina Alonso.
Escola Municipal de Música de O Porriño. Curso 2007-2008. Canto e Linguaxe Musical.